"Non te podes poñer ningún límite, nada é imposible"

Usain Bolt

ATLETISMO BAIONA

XIII Trail Serra da Groba

🔥 XA ESTÁ AQUÍ O XIII TRAIL SERRA DA GROBA – BAIONA! 🔥🏔️

O 31 de outubro, a Serra da Groba volve converterse no escenario dunha das grandes citas do trail en Baiona. 🌲⛰️

Unha xornada para correr, camiñar, gozar da montaña e compartir a paixón polo deporte en plena natureza.

💥 ESCOLLE O TEU RETO:

🏃‍♂️ TRAIL – 29 km | +1.600 m
Para quen busca o desafío máis esixente.

🏃‍♀️ TRAILIÑO – 18,5 km | +950 m
Un percorrido intenso para desfrutar da Serra.

🔥 PROMO TRAIL – 11,5 km | +650 m
A porta de entrada ao mundo do trail.

🥾 ANDAINA – 11 km | +420 m
Para gozar da montaña sen présas e compartir o camiño.

🌿 Catro distancias. Unha montaña. Unha mesma paixón.

A Serra da Groba espérate con sendeiros, subidas, baixadas, natureza e ese ambiente especial que só se vive cando compartimos montaña. 💚

📅 31 DE OUTUBRO
📍 BAIONA – SERRA DA GROBA

📝 INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN:
👉 baionagodeporte.gal
👉 ccnorte.com

🔗 Non o deixes para o último momento. Escolle a túa distancia e ven vivir a Serra da Groba!

¿Cal vas facer ti?

ANDAINA POPULAR

🌠 ANDaina Popular para mirar as Perseidas 🌠

En ningún momento nos imaxinamos que, organizando esta actividade a última hora, ía ter unha acollida tan grande. E a verdade é que non podemos estar máis agradecidos.

Moitas grazas a todas e todos os que vos achegastes o pasado sábado para compartir con nós esta noite tan especial. Foi unha andaina diferente, camiñando xuntos baixo o ceo nocturno, gozando da natureza, mirando cara arriba e, sobre todo, compartindo un momento estupendo entre amigos, familias e amantes do deporte e da natureza.

A idea era sinxela: camiñar xuntos, conectar coa natureza e gozar do espectáculo das Perseidas, e cremos que entre todos conseguimos que fose unha noite para lembrar. ✨🌌

Queremos facer unha mención especial a Chema, profesor do 1 de Marzo, por acompañarnos nesta aventura e polas súas magníficas explicacións. Grazas por compartir con nós os teus coñecementos, pola túa paciencia e por axudarnos a mirar o ceo con outros ollos e a descubrir un pouco máis sobre todo o que estaba acontecendo enriba das nosas cabezas. 🔭⭐

Tamén queremos agradecer especialmente a Super Giráldez pola súa colaboración, achegando produtos para o avituallamento e axudando a que non faltase enerxía durante a actividade.

E, por suposto, grazas a todas as persoas que fixestes posible esta noite co simple feito de vir, camiñar e compartir. Actividades así demóstrannos que non sempre fai falta moito tempo para organizar algo bonito; ás veces só fan falta ganas, natureza e xente disposta a desfrutala.

Desde o Atletismo Baiona, quedámonos coa ilusión de volver organizar máis actividades deste tipo. 💜

Camiñamos xuntos, miramos cara arriba e conectamos coa natureza. 🌙✨

El próximo viernes 6 de diciembre a las 10:00 horas, el Club Atletismo Baiona celebrará una jornada de puertas abiertas destinada a jóvenes a partir de 12 años. La actividad tendrá lugar Baiona, con salida desde el pabellón y estará centrada en la iniciación al Trail Running, una modalidad deportiva que combina el atletismo con el contacto directo con la naturaleza.

Esta jornada tiene como objetivo acercar a los más jóvenes al deporte al aire libre, fomentar el respeto por el entorno natural y promover valores fundamentales como el compañerismo, la superación personal y el trabajo en equipo. Esta actividad es para todos los niveles y todos los públicos.

Desde el club se anima a todos los chicos y chicas interesados en conocer este deporte a participar y disfrutar de una experiencia diferente, recorriendo los caminos y montes que rodean la villa de Baiona.

Para más información o para confirmar asistencia, se puede contactar a través del correo electrónico dani65755172@gmail.com o en el teléfono 657 553 172

BENVIDOS Ó CLUB ATLETISMO BAIONA

O Club de Atletismo de Baiona fundouse o 20 de novembro de 2014 co obxectivo de unir a persoas de distintas idades na práctica e promoción do atletismo.

A nosa asociación, sen ánimo de lucro, busca fomentar un estilo de vida saudable a través do deporte, creando un ambiente inclusivo e motivador para todos os membros. O diñeiro recadado destínase íntegramente ao mantemento do club, garantindo así que cada atleta teña acceso ás mellores instalacións e recursos.

A través de adestramentos regulares, participación en competicións e actividades comunitarias, aspiramos a impulsar o talento local e cultivar a paixón polos deportes de pista e campo. No Club de Atletismo de Baiona, todos son benvidos, xa sexa para competir ou simplemente para gozar do atletismo en boa compañía.

TRIATLÓN

Supera os teus límites cun deporte que fusiona tres disciplinas: natación, bicicleta e carreira a pé. Un auténtico desafío para corpo e mente!

CARREIRAS DE MONTAÑA

Aventura en estado puro: corre por sendeiros salvaxes, sente a liberdade da montaña e desafía os teus límites.

Velocidade e resistencia nas rúas da cidade. Escolle a túa distancia e supera os teus propios rexistros!

CARREIRAS EN RUTA

O noso club ofrece tres modalidades principais para satisfacer as diferentes preferencias dos nosos membros.

📢 DÁ O SALTO E FEDÉRATE CON NÓS!

Vive a paixón polo deporte con todas as vantaxes de formar parte da federación.

Galería de imaxes

Trail Serra da Groba 2025

Galería de imaxes do Trail Serra da Groba 2025 Villafines

Carreiras en Ruta

Participamos en diversas carreiras por estrada, promovendo a competitividade e a deportividade.

Galería de imaxes Desafío Cíes 2023

Desafío Cíes 2023

Trail Serra Da Groba 2025

Galería de imaxes de Laura Novelle Calvar

Galería de imaxes de Luis Barreiro

Galería de imaxes de Kilosdesobra

📱 +34 648 811 648
📧 clubatletismobaiona@gmail.com

© 2025. All rights reserved.

REDES SOCIAIS

CONTACTO

LIGAZÓNS

COLABORADORES